Calificada polos seus biógrafos de castiza, desordenada, coqueta, caprichosa, devota, glotona… é sorprendente a escasa atención que se lle prestou á súa educación: lía a trompicóns, sin dar sentido ás frases, a súa escritura era un desastre e as contas dábanselle aínda peor (“non pasaba da resta e facíase un lío coa multiplicación”)
Casada contra a súa vontade cando só tiña 16 anos co seu primo Francisco de Asís (“Antes abdico que casarme con Paquito”) o seu matrimonio (produto das presións de Francia e Inglaterra que querían un candidato pouco problemático) tivo unha gran repercusión no comportamento público e privado (según un biógrafo, toda a súa vida foi unha protesta contra un matrimonio inhumano).
A precocidade da súa libido, a condición do seu marido (homosexualidade e impotencia recoñecidas), así como a falta de entendemento entre eles favoreceron que Isabel levara unha intensa e desordenada vida amorosa extramatrimonial (largo listado de amantes, coa conseguinte problemática da paternidade dos 12 fillos que tivo).
A súa escasa formación, o seu carácter e unha corte corrupta con demasiados personaxes dispostos a utilizar á raíña en beneficio propio explican as súas constantes intromisións na vida política (“¡Con esta muller non se pode gobernar!”, dixo Narváez), así como a liberdade coa que utilizou a prerrogativa constitucional de nomear ós gobernos (37, algún durou un mes e algún un día).
Na toma de decisións políticas interviron tanto os seus propios caprichos como os consellos do seu confesor, padre Claret, sobre todo os dunha monxa, sor Patrocinio de las llagas (que aparentaba que lle sangraban uns estigmas similares ás llagas de Cristo), que se fixeron coa vontade da raína e impuxeron una política favorable ós intereses moderados.
Co paso do tempo, a súa actuación foi facéndose odiosa para moitos dos grupos e líderes da época. En 1868 casi todos desexaban derrocar a Isabel II.